«Éxito» o resultado dos transplantes de medula ósea no CHUS, que suman 446 dende 1993

 

   O xefe do Servizo de Hematoloxía do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS), José Luís Bello, cualificou de «éxito» os resultados dos transplantes de medula ósea realizados nos últimos 20 anos, que suman 446, cunha supervivencia media «do 60 por cento» dos pacientes.

   Así o afirmou en rolda de prensa este luns, na que presentou a evolución dos transplantes de medula ósea coincidindo co XX aniversario do primeiro transplante no CHUS.

Bello explicou que nisto 20 anos houbo «unha clara progresión» non só na cobertura, senón tamén no número transplantes realizados cada ano: durante o anos 1993 realizáronse 4 mentres que en 2012 se practicaron 57. Neste sentido, destacou que a unidade «foi crecendo con calma» pero «dunha forma progresiva e moi segura» e fixo fincapé en que «os resultados son excelentes».

Ademais, explicou que durante estes 20 anos de actividade na Unidade de Transplantes do CHUS se poden destacar tres fitos importantes ademais do primeiro transplante de medula ósea. Así, resaltou o primeiro alotransplante entre irmáns compatibles en 1994, o primeiro alotrasplante de doador non emparentado en 2008, e o primeiro de cordón umbilical en 2010.

Con respecto aos alotrasplantes, destacou que no 67 por cento dos casos foi posible realizar un transplante de irmán compatible, e no 29 por cento o doador foi conseguido a través do Rexistro De Donadores de Medula Ósea (Redimo).

Ao respecto, Bello asegurou que grazas a esta incitativa «en menos de dous meses atopa un doador compatible». Con todo, asegurou que son necesarios máis doadores para «diminuír a dependencia de doadores do exterior».

XX ANIVERSARIO

Ademais, o Xerente da Xerencia de Xestión integrada do Hospital de Santiago, Luís Verde, presentou o evento que se celebrará este xoves 7 de marzo para conmemorar o XX aniversario do primeiro transplante de medula ósea.

O acto, que se celebrará en á Aula Magna do Edificio Docente Novoa Santos, contará co presidente do comité organizador, José Luis Bello; a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; o xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde; o directo de Redmo (rexistro de doadores de Medula Osea), Enric Carreras e o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, entre outros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar