O Concello de Santiago celebra o dia do patrón da Policía

 

Con motivo da celebración do Patrón da Policía Local, o Santo Anxo da Garda, o Concello fixo entrega das medallas do Corpo e dos galóns de mérito a oito profesionais. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto.

Este ano, as medallas do Corpo, que recoñecen o mantemento durante a vida profesional dunha conduta exemplar ou os méritos contraídos ao longo dun período de tempo, recaeron no oficial Manuel Andrés García Otero, que desempeña o seu labor en Santiago dende 1971; no catedrático de Toxicoloxía da Facultade de Medicina da USC, Manuel López-Rivadulla Lamas; no sarxento 1º do destacamento de tráfico da Garda Civil de Santiago, Miguel Rodríguez Vázquez; no subinspector do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Alfonso Martínez Rial; e no funcionario do Concello adscrito á área de circulación José Antonio Suárez García.

Ademais, entregáraonse os galóns de mérito a unha serie de axentes do Corpo da Policía Local que se distinguiron polas súas virtudes profesionais e humanas ao longo do último ano. Nesta ocasión foron para José Manuel Sampedro Alcalde, Marcos Iglesias Martínez e Manuel Curros Esperante.

A concesión de medallas e galóns está recollida no Regulamento do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela no seu título V dos premios e distincións, concretamente nos artigos 46 e 44.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar