Recuperan no río Tambre o cadáver dun home desparecido hai dez días

 

O cadáver dun home de 62 anos foi recuperado este sábado tras ser avistado no río Tambre, ao seu paso pola localidade de Tapia, pertencente ao municipio coruñés de Ames.

Segundo explicaron a Europa Press fontes de Protección Civil, o corpo do home foi atopado, ás 17.30 horas, nunha zona do río que separa os concellos de Ames e A Baña.

As mesmas fontes indicaron o corpo atopado é o dun veciño da parroquia de Troitosente, en Vilacoba –A Baña–, que permanecía desaparecido dende o pasado día 21 de febreiro.

Precisamente, efectivos de Protección Civil de Noia e voluntarios do Grumir inspeccionaron na tarde do venres a zona co obxectivo de localizar o home, aínda que sen éxito debido á pouca visibilidade que presentaba a auga do río.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar