Nenos do rural de Compostela descubren a cidade no tren turístico

 

Cincuenta escolares do CEIP Roxos-Villestro participaron nunha visita no tren turístico, grazas a unha colaboración entre Turismo de Santiago e a Concellería de Educación. O alcalde, Ángel Currás, achegouse a saudalos.

Os pequenos, alumnos de primeioo e segundo de Educación Primaria, puideron coñecer os diferentes puntos de interese que amosa o tren turístico ás persoas que visitan a cidade: Obradoiro, rúa de San Pedro, Museo do Pobo Galego, Santa Clara, San Roque, Campus Norte…

Esta visita súmase a que xa fixeron os alumnos do Colexio Raíña Fabiola, que tiveron a oportunidade de viaxar no tren turístico o venres anterior. Nas vindeiras semanas continuarase coa participación de distintos colexios da cidade. O obxectivo, tanto de Turismo de Santiago como da Concellería de Educación, é que os pequenos poidan pasar unha hora divertida ao tempo que coñecen mellor a cidade, véndoa dende a perspectiva dun turista.

 


O tren turístico é un servizo de Turismo de Santiago que ten o obxectivo de que as persoas que visitan a cidade poidan ter un coñecemento rápido da mesma, especialmente das zonas de interese que non se atopan na zona histórica, nun percorrido dunha hora con comentarios en diferentes idiomas. Nesta temporada, o tren turístico sae da praza do Obradoiro os venres, sábados e domingos, de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas. En Semana Santa, do 25 ao 31, estará en funcionamento todos os días, de 11:00 a 20:00 horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar