A sinestralidade viaria subiu un 50% en febreiro

   A sinestralidade viaria aumentou un 50 por cento o pasado mes de febreiro en Galicia con respecto ao mesmo mes de 2012, ao pecharse con nove falecidos en sete accidentes de tráfico, o que supón tres vítimas máis que no mesmo período do ano pasado.

Así consta no balance difundido este venres pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT), recollido por Europa Press, no que destaca A Coruña como a provincia con maior número de vítimas, seis en catro accidentes; seguida de Ourense, con dous en dous sinistros; e Pontevedra, cunha.

Deste modo, A Coruña rexistrou o maior incremento, dun 200%, ao pasar de dous mortos en febreiro de 2012 a seis en 2013; seguida de Ourense de ningún o ano pasado a dous este exercicio; mentres que en Pontevedra se reduciu un 66,6 por cento, de tres a un; e en Lugo caeu en 100%, dunha vítima mortal a ningunha.

En canto ás idades das vítimas, segundo os datos da DGT, unha era menor de 25 anos, catro tiña entre 25 e 45 anos e outras catro superaban os 65 anos.

BALANCE DE DOUS MESES

No que vai de ano, segundo o balance difundido por Tráfico, faleceron 19 persoas nas estradas galegas, o que supón unha vítima menos que no mesmo período de 2012, situando a redución no cinco por cento.

Por provincias, en Pontevedra reduciuse a sinestralidade viaria un 71,43 por cento ata febreiro, ao pasar de sete falecidos no mesmo período de 2012 a dous este ano; seguida de Lugo, cunha caída do 33 por cento, de tres a dous.

Pola contra, na provincia de Ourense aumentou un cen por cento, de dous a catro falecidos nos dous primeiros meses do ano; seguida de A Coruña, cunha suba do 37,5 por cento, de oito a once.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar