Detido o extorsionador do exdeán da Catedral

 

   Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron na mañá deste martes en A Coruña ao home acusado de tratar de estafar o exdeán da Catedral de Santiago José María Díaz.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais, F.S. foi arrestado por «un feito similar» ao que motivou a súa detención na capital galega anteriormente.

O arrestado permanece en dependencias da Policía Nacional en Lonzas, en A Coruña, e as dilixencias en relación cos feitos polos que foi detido están baixo segredo de sumario.

O pasado mes de xaneiro o Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago condenárao por un delito de estafa en grao de tentativa a dous anos de afastamento da Catedral e á multa económica mínima, que non supera os 300 euros.

A condena produciuse tras a celebración dun xuízo rápido contra o home acusado de tratar de estafar persoal da Catedral compostelana.

Entre as súas vítimas, segundo información facilitada no seu momento pola Policía Nacional, incluíase a baronesa Thyssen e o exdeán da Catedral de Santiago, quen colaborou no proceso durante o cal se levou a cabo a detención. De feito, o arresto anterior en Santiago produciuse ‘in fraganti’, no momento en que o extorsionador se dispoñía a cobrar unha importante suma de diñeiro a cambio de non facer público un DVD con información.

BARONESA THYSSEN

Tras numerosas chamadas de teléfono e varias entrevistas, os axentes procederon do investigado cando entraba no Convento das Nais Mercedarias para tratar os detalles da entrega do diñeiro a cambio dun suposto DVD, segundo sinalou a Policía.

O estudio do ‘modus operandi’ empregado permitiu aos axentes saber que se trataba da mesma persoa que, en outubro de 2011, coaccionara a baronesa Thyssen do mesmo modo. O cotexo das fotografías obtidas nunha coñecida cadea de restaurantes permitiu sinalar, sen lugar a dúbidas, que se trataba da mesma persoa.

O ‘modus operandi’ do detido, segundo a Policía Nacional, era sempre o mesmo. Así, seleccionaba unha vítima, xa fose político, empresario ou sacerdote, a través dos medios de comunicación para, posteriormente, poñerse en contacto coa persoa en cuestión e ofrecerlle a información que lle interesaba.

Normalmente, ofrecía esta información almacenada nun DVD a cambio dunha importante cantidade de diñeiro, segundo indicou a Policía, que subliñou que o extorsionador ameazaba ao interesado con facer pública a información ou con empregar a violencia física se non recibía unha recompensa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar