A neve e o xeo dificultan a circulación na A-52 e na A-6

Situación na A-6 a altura de Pedrafita

   A presenza de neve e xeo condiciona a circulación nalgúns puntos da zona de montaña nas provincias de Ourense, como na A-52 co límite con Zamora, e Lugo, na zona de Pedrafita do Cebreiro, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) a Europa Press.

En concreto, rexistrouse unha nevada que afecta á circulación da autovía A-52 entre os quilómetros 155 en Verín ao 112 en A Mezquita, en ambos os dous sentidos.

Mentres, a DGT indicou que a neve e xeo condiciona tamén a circulación na mañá deste mércores na A-6 á altura de Pedrafita do Cebreiro; así como na LU-540 en Muras, entre os quilómetros 22 e 30 en ambos os dous sentidos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar