Ata – 6 graos hoxe na montaña de Lugo e Ourense

 

A montaña de Lugo e de Ourense estarán ata o mediodía de hoxe en alerta amarela por temperaturas mínimas por debaixo dos seis graos baixo cero, e o Sur de Ourense por valores inferiores a -4 graos.

Segundo o boletín de tempo meteorolóxico adverso publicado por Meteogalicia, Galicia continuará baixo os efectos da masa de aire frío, con temperaturas nocturnas moi baixas, principalmente en zonas altas.

Mentres, no mar os ventos do Nordés incrementarán a súa intensidade, alcanzando esta xornada intervalos fortes a moi fortes no litoral Norte.

Por iso, hai aviso de nivel amarelo durante todo o mércores no litoral do Noroeste da Coruña por mar de vento do Nordés forza 7; e dende as 6.00 horas no Oeste do mar coruñés.

Previsión meteorolóxica

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar