Temperaturas baixo cero

Mapas detallados

 

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, polo que se repetirán as xeadas que serán especialmente intensas nas zonas altas, mentres que as máximas permacerán nos seus valores ou subirán lixeiramente. Esta é a previsión de Meteogalicia para hoxe nunha xornada na que, efectivamente, as xeadas fixéronse con boa parte de Galicia o que provocaba a primeiras horas da mañá medicións de temperaturas por debaixo dos ceros graos.

Durante o o resto do día, os  ventos soprarán de compoñente norte, frouxos á mañá, aumentando a moderados pola tarde no litoral.

Meteogalicia engade que continuaremos baixo a influencia das altas presións e dos ventos de compoñente norte que deixarán os ceos pouco anubrados ou despexados no oeste e con intervalos anubrados no resto, con posibilidade aínda dalgúns chuvascos no litoral norte e o nordés que serían de neve por riba dos 600 metros á mañá, subindo a cota a 700 metros pola tarde.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar