Feijóo agradece a Ferrín o seu traballo

 

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remitiu unha carta ao ata este luns presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, para agradecer o seu traballo á fronte desta institución e a «frutífera» relación coa Xunta nos seus tres anos de mandato.

Tras coñecer a dimisión de Méndez Ferrín á fronte da Real Academia Galega, Núñez Feijóo quixo transmitirlle mediante unha carta o seu «recoñecemento» polo labor realizado ao longo dos últimos anos «para fortalecer esta institución centenaria e contribuír á súa independencia».

A «frutífera» relación entre a RAG e a Xunta, segundo recordou Feijóo, maniféstase en «acordos relevantes», como a «unión de esforzos para que a Real Academia Galega se incorporase aos Presupostos Xerais do Estado por primeira vez na súa historia» ou as «melloras levadas a cabo na sede oficial da institución», entre outros.

Dende o «máximo respecto» pola decisión de Méndez Ferrín, o presidente da Xunta reiteroulle o seu agradecemento polo labor emprendido e pola «lealdade institucional», ao tempo que lle animou a que «siga contribuíndo a fortalecer a institución con novas achegas literarias da súa obra», que «xa é patrimonio de Galicia».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar