A denominación Monterrei exportou un 23,5% máis ca o ano anterior

   A Denominación de Orixe Monterrei exportou un total de 119.000 litros de viño o pasado ano 2012, o que equivale a 158.800 botellas e supón un 23,5 por cento máis que no exercicio anterior.

Os principais destinatarios destas exportacións son os consumidores de Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos e Holanda, segundo explica a Denominación de Orixe Monterrei.

Segundo indicou o presidente do Consello Regulador desta entidade, Antonio Méndez Atanes, vaise apostar pola consolidación e incremento destes mercados e abrir «novos horizontes» noutros países europeos como é o caso dos nórdicos e expandir as exportacións tamén aos países do centro e Sur do continente americano e a todo o ámbito asiático.

As principais fortalezas dos viños de Monterrei, segundo destaca o presidente da DO «son a utilización de variedades autóctonas perfectamente adaptadas ás condicións edafoclimáticas da bisbarra» así como, segundo engade, «as boas prácticas vitivinícolas que se están a levar a cabo na Denominación de Orixe como é o caso da redución de tratamentos fitosanitarios, as vendimas en verde(disminución de rendementos por hectárea), ademais dunha excelente e moi competitiva relación calidade-prezo».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar