López Orozco perde un membro do seu equipo de goberno de Lugo

 

O concelleiro de Servizos Xerais do Concello de Lugo, o socialista Francisco Fraga, anunciou a súa dimisión, que formalizará o próximo luns, e atribuíuna a «razóns persoais».

Nunha rolda de prensa acompañado polo alcalde lucense, o socialista Xosé Clemente López Orozco, este profesor de Física aplicada da Facultade de Ciencias no Campus de Lugo anunciou que volverá á actividade docente.

Pola súa banda, o alcalde recoñeceu publicamente sentir a marcha de Fraga, ao tempo que o describiu como «un home leal, traballador e cun carácter humano estupendo».

López Orozco eloxiou o «grande traballo» realizado por Francisco Fraga á fronte da Concellaría de Servizos Xerais, da xestión da cal resaltou a importancia para «o funcionamento do Concello».

A renuncia supón a entrada na corporación do seguinte da lista no PSOE, o tamén profesor no instituto da Piringalla e exsecretario provincial de Comisións Obreiras, Manuel López. A incorporación producirase no pleno de abril.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar