A rede social ‘Twitter’ estrea a súa versión en galego

 

A rede social ‘Twitter’ xa está dispoñible na súa versión en lingua galega dende este mércores, uníndose ás iniciativas doutras plataformas, como ‘Facebook’, que tamén permiten configurar as súas opcións neste idioma.

Tratouse dunha demanda realizada dende distintos ámbitos da sociedade galega. De feito, representantes da Xunta e do panorama cultural de Galicia realizaron actos de apoio á iniciativa ‘Twitter en galego Xa!’, que parte da propia cidadanía.

Co lema ‘redes sociais en galego’, persoas de varias xeracións e idades, como o escritor Xosé Neira Vilas, a escritora e presentadora de ‘Cifras e Letras’, María Cana, ou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mostraron publicamente o seu apoio a esta campaña para difundir as diferentes mobilizacións desenvolvidas para galleguizar as redes sociais.

A partir de agora, esta reivindicación faise realidade coa inclusión deste idioma, que se pode configurar en calquera momento dende o menú de opcións da conta de usuario.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar