«Compostela Monumental» trasládalle a Rueda o proxecto na nova sede

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión esta mañá coa directiva de ‘Compostela Monumental’, que lle explicou os seus plans para poñer en marcha a nova sede nun edificio cedido pola Xunta na zona vella de Santiago.

O pasado mes de decembro a Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda formalizou a cesión dun edificio a esta asociación de comerciantes e empresarios no casco vello compostelán. Tratase dun inmoble de máis de 500 metros cadrados situado na Rúa da Algalia de Arriba, número 31.

Rueda reuniuse co presidente da asociación, José Manuel Bello, o xerente, José ángel Blanco; e o secretario, Javier Olmo, que lle explicaron as futuras actuacións que teñen previsto levar a cabo no edificio co obxecto de acondicionalo. Ademais, trasladáronlle ao vicepresidente outros asuntos relacionados con proxectos da asociación para este ano 2013 e nos que estaría implicados varios departamentos do Executivo galego.

‘Compostela Monumental’ é unha asociación sen ánimo de lucro constituída no ano 1992 por un grupo de empresarios do casco histórico compostelán. Creouse co obxectivo de representar, xestionar, defender e fomentar os intereses dos comerciantes situados na zona vella da cidade compostelá.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar