Últimas entradas á venda para o concerto de Melendi na Coruña

 

A Concellería de Cultura do Concello da Coruña informa de que, a falta de dous meses para a realización do concerto de Melendi, tan só quedan unhas 300 entradas á venda, polo que o 13 de abril o Coliseo abrirá temporada de concertos cun cheo absoluto.

É o primeiro gran concerto que acollerá o Coliseo neste ano 2013 e enmárcase dentro da xira «Lágrimas desordenadas», na que recupera o seu lado máis roqueiro. Un total de 12 temas ou 12 bágoas desordenadas, como el os define, que inclúen cancións que tanto poderían formar parte do seu primeiro disco como do último, pola mestura de estilos que utiliza.

Dende o seu primeiro traballo no 2003, o artista asturiano publicou un total de seis discos e vendeu máis dun millón de copias. Neste tempo o seu traballo foi avalado por importantes recoñecementos como un Premio Ondas, un Premio da Música e varios premios 40. Os fans de Melendi poderán acceder ao recinto a partir das 21.30 horas e as entradas teñen un prezo de 20 euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar