O PP de Galicia suspende de militancia a Ángel Espadas

A dirección do PP galego iniciou os trámites para a suspensión de militancia de Ángel Espadas, que foi xefe de gabinete do exalcalde de Santiago Gerardo Conde Roa, mentres estea en prisión». A medida provisional que o conduciu ao cárcere de Teixeiro foi decretada pola xuíza instrutora da ‘Operación Manga’, unha derivada da Pokémon.
Desta forma, o PPdeG adopta esta medida disciplinaria conforme ás normas internas e aos estatutos do partido, posto que o código ético implica que os imputados do partido teñen a obriga de poñer os seus cargos a disposición da dirección, que é a que toma a decisión sobre o seu futuro.
Aínda que Ángel Espadas agora non tiñan ningún cargo público no seo da formación popular, ocupou o número tres da lista do PP nas pasadas eleccións municipais que encabezaba Gerardo Conde Roa, quen dimitiu como alcalde antes de cumprir un ano á fronte do goberno local días despois de que transcendese que a Fiscalía presentara unha querela contra el por unha suposto fraude de 291.000 euros a Facenda.
Espadas xa non chegou a ocupar a acta de concelleiro, posto que caeu da lista tras ser sorprendido durmindo ebrio no seu coche ante un semáforo. Con todo, si que foi xefe de gabinete de Conde Roa, pero saíu da Casa do Concello ao querer Ángel Currás fichar alguén da súa confianza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar