O conselleiro de Cultura censura a «politización» dos actores

O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, ofreceu «diálogo» aos traballadores das artes escénicas e musicais de Galicia, pero advertiulles de que non os atenderá «nunca baixo a imposición».

«A nosa arma é o diálogo, pero non as imposicións, nin a politización de certas cuestións», declarou a ser preguntado polo encerro que este luns levaron a cabo artistas na sede da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e as protestas que mantiveron este martes.

Así, o responsable autonómico de Cultura rexeitou «a politización de certos problemas que poidamos ter» e proclamou que «sempre o diálogo será a arma da consellería».

Preguntado se cre entón que as protestas dos traballadores das artes escénicas están politizadas, Vázquez limitouse a indicar que «a sociedade é a que ten que ter a opinión».

«Á vista dos acontecementos o outro día no Parlamento ou actos que se poidan estar a desenvolver hoxe en día por parte dalgúns partidos políticos que probablemente buscan a confrontación dunha parte importante da cultura coa nosa consellería», apostilou.

«Dende logo, a consellería vai apostar polo diálogo e dentro dun contexto de grave crise económica imos intentar dar o maior apoio posible e xa está en marcha a rede para teatros e auditorios», agregou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar