A escritora Carmen Posadas e o xuíz Taín, próximos convidados do Centro Cultural de Ourense


A escritora e xornalista Carmen Posadas visitará o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense mañá martes, 19 de febreiro, convidada polo Foro La Región dentro da promoción da súa última novela “El testigo invisible”. A conferencia da que foi gañadora do premio Planeta en 1998 sucede á que a pasada semana pronunciou no mesmo espazo cultural Alfonso Sobrado Palomares, ex director da axencia Efe e que ven de publicar “El evangelio de Venus”.

Tamén nesta semana o xuiz José Antonio Vázquez Taín acudirá ao Foro La Región. Será o día 21 de febreiro (xoves) e presentará a súa novela “La leyenda del santo oculto”, despois de realizar a instrucción do caso sobre o roubo do Códice Calixtino. As conferencias do Foro La Región teñen lugar a partires das 20:00 horas.

Para os días 22 e 23 de febreiro, o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” ten reservadas as súas instalacións á celebración dun congreso sobre debate en relación ás patoloxías respiratorias en atención primaria, que se conforman como as doenzas máis habituais entre a población galega nesta época do ano. O día 24 de febreiro, domingo, será tamén o último para poder ver a exposición “Congostras de pintura”, de Manolo Moldes, e a colectiva de artistas ourensáns a beneficio da fundación primeiro de maio.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar