O 061 asistíu a fín de semana a 40 persoas accidentadas, das que unha morreu

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 40 persoas debido a 35 accidentes de tráfico rexistrados durante a fin de semana na rede viaria galega, das que unha faleceu.

Segundo informa o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15.00 horas do venres día 15 e as 23.59 horas do domingo 45 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 18.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 42. Deste modo, as ambulancias medicalizadas realizaron tres saídas; o helicóptero medicalizado, dous; as ambulancias asistenciais, 34; e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en tres ocasións.

En 32 casos os feridos foron levados aos centros hospitalarios correspondentes, sete recibiron asistencia no lugar do accidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida foi do 57 por cento e a de mulleres do 43 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 55 por cento dos asistidos tiña entre os 25 e 39 anos.

Pontevedra foi a provincia que rexistrou máis accidente, con 15 sinistros durante a fin de semana; seguida da Coruña, con 14; e Ourense e Lugo, con tres en cada caso.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar