Falece un home que caeu ao río en Monforte

 

Lugar do suceso

Os Bombeiros de Monforte  e a Policía Nacional localizaron este sábado nun río o corpo dun home que caera á auga este venres.

Fontes dos equipos de emerxencias indicaron que o home caera ao río e desaparecera nas augas na noite do venres. Finalmente, esta mañá foi atopado o corpo nunha zona na que hai unha pequena presa.

O suceso produciuse no Parque dos Condes, situado no centro de Monforte e cruzado por un río.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar