PSA rexistra perdas de 5.010 millóns

 

   O grupo automobilístico francés PSA Peugeot-Citroën rexistrou unhas perdas de 5.010 millóns de euros en 2012, fronte ás ganancias de 588 millóns de euros logradas un ano antes, segundo informou a compañía nun comunicado.

A compañía atribuíu os ‘números vermellos’ do pasado ano ao contexto de deterioración do mercado da automoción en Europa, aos esforzos do grupo no seu conxunto e ás decisións «difíciles» adoptadas para sentar as bases da súa recuperación industrial e comercial.

O presidente da compañía, Philippe Varin, explicou que os resultados do grupo reflicten a deterioración do contexto na industria do automóbil en Europa.

«Ante esta situación, tomamos decisións difíciles pero necesarias que se necesitan para reorganizar a nosa base industrial en Francia», sinalou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar