Rajoy é o «referente da rexeneración democrática», segundo Rueda

O vicepresidente da Xunta e número dous do PP en Galicia, Alfonso Rueda, avalou este venres a «rexeneración democrática» e subscribiu as palabras que pronunciou ao respecto, na pasada xornada, o seu xefe de filas e presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen erixiu ao titular do Goberno central, Mariano Rajoy, na «referencia» desta «rexeneración».

«Rexeneración democrática, por suposto. E para nós a referencia desta rexeneración é Rajoy», sentenciou Rueda, quen engadiu, en declaracións aos medios, que non só o PP senón «tódolos políticos» teñen que traballar para «recuperar a confianza» dos cidadáns.

Así, constatou que existe «desafección» na sociedade cara a esta actividade e incidiu en que hai que traballar para superala posto que a política é «absolutamente necesaria». «Temos moito camiño que percorrer e ogallá todos sexan capaces», resolveu o vicepresidente galego

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar