O Concello de Vigo defende a Cruz do Castro como símbolo relixioso e non franquista

A Cruz do Castro, co Concello de Vigo ao fondo.

O Concello de Vigo remitiu á Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 unha contestación na que desestima a súa solicitude de derrubamento da Cruz do Castro por considerala un monumento franquista. No seu escrito, a Administración local indica que este ben «non é un símbolo da ditadura» senón un «símbolo relixioso».

No informe do Concello, asinado por un funcionario municipal, dise que «no seu día, no ano 1961,» a denominada ‘Cruz dos Caídos foi un «agravio inútil, unha humillación innecesaria» e unha «afronta absurda para aquelas persoas que non secundaron a ideoloxía da ditadura».

Non obstante, mantén que dende hai 32 anos no monumento non constan escudos, emblemas ou inscricións que recorden ou exalten a sublevación militar, a guerra civil ou a represión dos caídos; polo que considera que «a Cruz do Monte do Castro é iso, unha cruz».

«Non é un símbolo da ditadura, é un símbolo relixioso, basicamente cristián, que o Pleno do Concello de Vigo, por unanimidade, considerou dende 1981 como unha imaxe que, co desexo de que non existan vencedores nin vencidos e non volva outra guerra fratricida, mostre a andaina dun país cara á democracia, a liberdade e a paz».

Así, conclúe que «non concorren os requisitos que esixe a lei para a retirada da cruz. A resolución municipal pode ser alegada, para o que se abre un prazo de 10 días.

ASOCIACIÓN

Pola súa banda, a Asociación Viguesa Pola Memoria Histórica do 36 considera «absolutamente inaceptable» a resposta dada pola Administración local, ao tempo que tacha de «flagrante falacia» o feito de que se aluda a que a cruz non é símbolo da ditadura, senón relixioso.

Nese punto, o colectivo asegura que «non estaría de máis recordar que a mesma doutrina do Concilio Vaticano II especifica claramente que a Igrexa católica non pode reciclar no seu seo este tipo de monumentos que van contra a ‘reconciliación cristiá».

A asociación, que leva reclamando dende 2008 que se derrube este monumento, asegura que «non comparte nin acepta a resolución» do Concello e avanza que «estudará todas as medidas legais tendientes a conseguir a retirada da Cruz».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar