Detenido un mozo por agredir a súa nai en Vigo

 

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron na noite do martes a un mozo de 20 anos de idade, de iniciais P.P.F., acusado de violencia no ámbito familiar por agredir supostamente a súa nai.

Segundo informan fontes policiais, ás 23.05 horas do martes día 5 unha patrulla da Policía Local trasladouse a un domicilio da Avenida de Balaídos, onde supostamente un novo agredira á súa nai.

Á chegada dos axentes ao edificio, o mozo abandonaba a vivenda, momento no que foi interceptado polos policías, que procederon a identificalo e subiu con eles ao domicilio.

A Policía Local comprobou que a porta de entrada estaba aberta e outras dúas portas interiores presentaban danos, segundo indicaron as mesmas fontes.

Mentres, a nai do mozo atopaba no interior e presentaba un golpe na fronte, froito supostamente da agresión, segundo apunta a Policía.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar