O PPdeG reitera «a confianza» na Xusticia tras a nova imputación

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga, reiterou este luns a «confianza» do seu partido na Xustiza, á que instou a ser «cumpridora dos seus prazos», tras coñecerse que o alcalde do Carballiño (Ourense), Argimiro Marnotes, foi chamado a declarar como imputado no marco da ‘Operación Pokémon’ por supostos delitos de tráfico de influencias e revelación de segredos.

Nunha rolda de prensa celebrada na Cámara autonómica, Puy recordou que a noticia acaba de transcender, polo que asegurou contar con poucos detalles, ao tempo que incidiu en que, dende a propia Casa do concello «vanse dar explicacións» sobre o acontecido.

De seguido subliñou que «pouco máis» pode dicir que o de sempre» e remarcou que o PPdeG «confía» na Xustiza. Engadiu que, nas actuais circunstancias e de acordo coa implicación de persoas elixidas democraticamente e que están á fronte de institucións, esta debe ser tamén «cumpridora dos seus prazos».

Por último, incidiu na importancia de actuar «coa celeridade que marcan as normas» para «non interferir excesivamente no resultado dun proceso democrático».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar