Pecha a pista de xeo, na que xa patinaron 14.000 persoas

 

O Concello de Santiago non quixo que ninguén quedara se patinar na pista de xeo e por iso repartiu invitacións e organizou tres xornadas de portas abertas, destinadas fundamentalmente a entidades e colectivos que traballan con nenos. O recinto instalado na Alameda pecha esta fin de semana tras recibir 14.000 patinadores e 25.000 persoas en total.

Ás 1.000 invitacións repartidas, especialmente a entidades que traballan con público infantil, súmanse as xornadas de portas abertas custeadas polo Concello. A primeira tivo lugar o festivo 6 de decembro e estivo dirixida á cidadanía en xeral, para así dar a coñecer a pista. Puideron patinar de xeito gratuíto preto de 700 persoas.

As segundas xornadas celebráronse o martes 29 e o xoves 31 de xaneiro, destinadas a colectivos sen ánimo de lucro con sede na cidade. Entidades como Cruz Vermella, Feafes Galicia, Asociación Amico ou Asociación Xuvenil Jemsa participaron nestas sesións de balde.

A pista de xeo pecha este domingo as súas portas, tras ter recibido xa preto de 14.000 patinadores. Polo recinto da Alameda pasaron unhas 25.000 persoas.

Coa instalación desta pista de xeo, o Concello quixo apostar de novo pola creación de espazos de lecer na cidade para fomentar a afluencia de público ao centro da cidade, contribuíndo así á dinamización comercial.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar