O Consorcio Editorial Galego organiza un gran ‘Outlet’ do libro en Area Central

O centro comercial de Santiado, Area Central, acolle un grande ‘outlet’ do libro, evento organizado polo Consorcio Editorial Galego e que contará cunha ampla exposición de libros á venda con prezos de liquidación, ademais de moitas e variadas actividades paralelas dirixidas aos visitantes máis pequenos do centro comercial.

Así, dende o venres 1 de febreiro ata o domingo 17, as persoas que se acheguen a Area Central poderán visitar un gran posto de venda de libros descatalogados de diferentes editoriais. En moitos casos serán títulos de libros dificilmente localizables nas canles habituais de venda ou primeiras edicións.

Ademais do espazo de venda, todos os sábados haberá, a partir das 7 da tarde, actividades para os máis pequenos a cargo de Xandobela, que se encargará do obradoiro «Trebellos e outros contos».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar