O barroco compostelán, nova publicación de Teófilo Comunicación

Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial, Teófilo Edicións, e en colaboración co Consorcio de Santiago, editou unha publicación que leva por título “Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del Barroco en Compostela”, que será presentada o vindeiro martes día 5 no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na Praza de Praterías, na capital galega.

 

Asinado por Simón Vicente López, é o resultado dunha tese doutoral que aborda o brillante pasado compostelán que coñeceu no barroco unha verdadeira idade de ouro. Un traballo, produto dun brillante exercicio académico, é unha obra que se inscribe nas grandes aportacións que se fixeron á historia do barroco español, recollendo en concreto as feitas por dúas relevantes personalidades artísticas: o coengo fabriqueiro Vega e Verdugo, e o arquitecto Peña de Toro, introdutores do barroco na cidade do Apóstolo.

 

O autor reconstrúe o perfil profesional dos devanditos protagonistas e os seus proxectos innovadores que implantaron un novo credo artístico e contribuíron co paso do tempo á transformación estética da Catedral compostelán.

 AS ORIXES DO BARROCO

Estamos diante dun traballo que fala das orixes do barroco en Santiago, e que resposta a un dos debates historiográficos máis interesantes no que atinxe non só a transformación e monumentalización do edificio catedralicio, senón tamén da cidade no seu conxunto.

 

Esta obra se engade á publicación “La Berenguela”, e a outras de argumento histórico e coa cidade de Santiago como protagonista, editadas por Teófilo Comunicación a finais do pasado ano e que levan por título: “Barroco. La arquitectura sagrada del antiguo Reino de Galicia 1658-1763”, e “La ciudad de Santiago de Compostela en 1669. La peregrinación del gran Príncipe de la Toscana Cosimo III de Medici”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar