Os encoros, ao 72 % da sua capacidade

Encoro de Zamáns, en Vigo

Os encoros de abastecemento da cunca Galicia-Cosa atópanse ao 72 por cento da súa ocupación total, segundo constatou a Consellería de Medio Ambiente no informe do estado de encoros de Augas de Galicia.

Así, encoros como Pontillón de Castro, que abastece Pontevedra; Baiona ou Beche, que abastece Abegondo; atópanse ao 100% de ocupación; mentres que Zamáns (Vigo) está ao 94 por cento, Forcadas (Ferrol) está ao 79 por cento; e Eiras (Vigo) está ao 78 por cento.

Os encoros de abastecemento desta conta están practicamente na mesma ocupación que a rexistrada o pasado ano nestas datas. En 2012 a media ascendía ao 74,48 por cento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar