O ‘flashmob’ que levou a luz á cola do paro

Carne Crua 2.0, un programa de música e crítica social cancelado o pasado verán por Radio 3 e que agora encontrou o seu espazo en Hora 25 da Cadea Ser, é noticia hoxe polo «flashmob» que se levou a cabo nunha oficina de emprego da Comunidade de Madrid.

«Grazas aos músicos, ao coro da Solfónica e ás cámaras e sonidistas que levou o sol a unha oficina do paro nunha anubrada mañá de inverno. Non nos quedemos parados nin quietos» di ao final o vídeo.

Here Comes The Sun (Aí vén o sol) é unha canción de The Beatles (Abbey Road, 1969) escrita por George Harrison e cantada aquí por Sheila Blanco, que adoita traballar coa Larry Martin Band.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar