Incéndiase un camión cargado de pitas no Corgo

 

O incendio dun camión que transportaba galiñas provocou o corte da autovía A-6 na mañá deste luns ao seu paso polo termo municipal do Corgo (Lugo).

Segundo os datos facilitados a Europa Press polo 112, ás 6.06 horas recibiu o aviso dun incendio nun camión no quilómetro 482 da autovía A-6 no Corgo sentido A Coruña.

O lume, que se orixinou na plataforma do camión, quedou extinguido sobre as 8.10 horas tras ser mobilizados os Bombeiros de Sarria. As mesmas fontes explicaron que a maioría das galiñas morreron debido ao incendio.

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) ratificou que A-6 foi cortada dirección A Coruña pola presenza de galiñas na calzada e á espera de que se retiren os restos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar