A poboación galega entre as que máis envellecen

 

   A poboación española segue envellecendo, especialmente nas comunidades autónomas de Asturias, Castilla e León e Galicia, segundo mostrou un estudio realizado polo Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie) e recollido pola plataforma Sinc.

En concreto, no ano 2011 a media de idade en España situouse en 41,4 anos, 8,2 anos máis que en 1975, data na que comezaron a recoller información homoxénea sobre a esperanza de vida da poboación por sexo, idade, e comunidade autónoma ou provincia de residencia. Ademais, por sexos, as mulleres teñen unha idade media maior que a dos homes –42,7 anos, fronte a 40,0 anos–.

En concreto, as provincias do norte de España que presentan os maiores valores de idade media son Ourense –48,4 anos–, Lugo –48,2 anos– e Zamora –48,1 anos–, mentres que as que rexistran as idades medias máis baixas son Melilla –35,6 anos–, Ceuta –36,9 anos– e Almería –37,9 anos–.

NON DECRECE A ESPERANZA DE VIDA AO NACER

Así mesmo, os datos elaborados polo Ivie mostraron que a esperanza de vida ao nacer goza de boa saúde e que o seu crecemento non parece mostrar signos de esgotamento xa que creceu ao redor dun ano por cada lustro nas últimas décadas, un total de 8,4 anos entre 1975 e 2011.

De feito, no ano 2011 a esperanza de vida ao nacer en España situouse en 82,1 anos, sendo maior para as mulleres –85,0 anos– que para os homes –79,1 anos–. Neste sentido, o informe reflectiu que l diferenza na esperanza de vida entre mulleres e homes, que decrece coa idade, reduciuse ata niveis de 1975, sendo a distancia entre mulleres e homes é de 5,8 anos.

Neste caso, os maiores valores de esperanza de vida ao nacer localízanse no centro e nordés da península, sendo Madrid a comunidade cunha maior esperanza de vida ao nacer (83,6 anos).

Por último, Asturias, Cantabria e Galicia son as rexións cunha maior diferenza por sexo en esperanza de vida, mentres que Castilla-La Mancha e Navarra mostran as menores diferenzas entre homes e mulleres.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar