O Museo de Cornamusas de Ourense, referente para os estudantes de música

O Museo de Cornamusas con Xose Lois Foxo á fronte

Dentro das visitas didácticas que estudantes de música de diferentes países de Europa están a realizar ao longo do presente curso ao Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense, estes días achegáronse ata o museo os integrantes da Banda de Gaitas “Os Dezas de Moneixas” de Lalín, quen acompañados de profesores e do director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, Xosé Lois Foxo, fixeron un percorrido polas instalacións para coñecer a historia da gaita e a súa orixe, e para admirar a colección de instrumentos que exhibe o museo, unha das máis singualres do mundo.

A visita enmárcase dentro da programación do museo para os alumnos de música dos institutos e conservatorios de Europa, especialmente de España, Francia, Inglaterra, Alemania e Portugal. Estas visitas teñen un carácter eminentemente didáctico xa que, aparte da explicación que reciben dos instrumentos, ao final da visita faise un recital con distintas gaitas do museo. Próximamente esta previsto facer varias reportaxes de TV para varios países, entre eles Xapón, con motivo do Ano de Xapón en España.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar