Comeza na Coruña a primeira fase do Plan RUA 2013

As concelleiras de barrio Carmen Hervada e Susana Pazo visitaron esta mañá a Urbanización Breogán con motivo do inicio da primeira fase do Plan RUA 2013. Durante os próximos seis días, esta iniciativa tamén realizará unha actuación integral na urbanización Obradoiro, onde estará catro días, e en Feáns e Mesoiro, onde actuará outros dous días. En total os equipos do Plan RUA pasarán por case 40 rúas e vías.

Neste tres zonas realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de rúas, de áreas infantís e de rede de sumidoiros; mantemento de fontes; reposición de colectores, papeleiras, bancos, varandas e bolardos; e reparacións de iluminación, pavimentos e beirarrúas, entre outras. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sustentables e ordenados coa colaboración dos veciños.

Esta primeira fase retomará a súa actividade o martes 28 de xaneiro na zona da Torre e Orillamar, onde permanecerá ao longo da próxima semana. No mes de febreiro tocaralle a quenda ao Barrio das Flores, O Ventorrillo e As Xubias. En marzo concluirá a primeira fase do Plan RUA, tras 40 días de actividade, na 2ª fase de Elviña.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar