Un desprendemento obrigou a cortar a circulación ferroviaria en Viveiro

 

A cicurlación ferroviaria entre Xoances e Viveiro, en Lugo, permaneceu cortada case cinco horas debido a un desprendemento de pedras e terra no punto quilométrico 87/150, na localidade viveirense.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Adif, o contratempo aconteceu ás 9.05 horas deste domingo, cando o tren de media distancia entre Ribadeo e Ferrol se atopou coas pedras e a terra no citado punto.

Ao lugar foron mobilizados efectivos do persoal de mantemento da infraestrutura, de maneira que ás 13.50 horas se puido restablecer a circulación.

Non é o único caso de problemas ferroviarios na Comunidade galega debido a desprendementos na rede. Así, un total de 57 viaxeiros víronse afectados, aínda que non sufriron feridas, tras descarrilar en Ourense bogie do coche de cabeza do tren en que viaxaban, debido a un desprendemento de terra e pedras.

PROBLEMAS EN OURENSE

Segundo informaron a Europa Press fontes do Adif e de Renfe, o contratempo aconteceu ás 21.09 horas no tren de Longa Distancia Ourense-Pontevedra, no punto quilométrico 56/000, entre as estacións de Ourense e Barbantes, é dicir, xa pasaran a capital ourensana.

Así, produciuse o descarrilamento do bogie –eixe– do coche de cabeza, sen que ningún pasaxeiro sufrise danos. Nun primeiro momento, os 57 viaxeiros ían ser levados de novo a Ourense para seguir por estrada o final de viaxe, pero finalmente fixeron trasbordo a outro tren para chegar a Pontevedra e Vigo, destino final do traxecto.

A vía quedou completamente libre de material ás 5.05 horas da madrugada deste domingo, de forma que se restableceu a circulación con «normalidade».

Ademais do convoi afectado, o tren hotel que vai a Madrid dende Pontevedra desviouse por Santiago para unirse co procedente de A Coruña en Ourense tras sortear o tramo da vía con problemas polo desprendemento de pedras e terra, segundo indicaron a Europa Press as mesmas fontes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar