Teófilo Comunicación ultima un libro do xuíz Taín sobre o Apóstolo

Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións,  está a ultimar a edición dun novo libro, o primeiro deste ano 2013. Trátase dunha novela que sitúa a historia no marco da actualidade. En concreto, o texto recrea o mito do Apóstolo e o descubrimento do seu sepulcro, conectándoo literariamente coa realidade máis actual. Un salto no tempo, desde o século IX ata o XXI, que o autor coordina maxistralmente logrando capturar a atención do lector desde a primeira á derradeira páxina do libro.

A publicación que se presentará públicamente o vinderio día 31 de xaneiro, é un meticuloso traballo dun autor novel no ámbito das letras, José Antonio Vázquez Taín, quen desde a súa inventiva, unha minuciosa labor inspeccionadora, e a súa exquisitez nos detalles, revélase como un grande novelista. Descubriremos nesta obra un escritor que foi quen de realizar unha excelente arquitectura literaria. O prólogo do libro foi realizado por Fernando Ónega.

O autor

José Antonio Vázquez Taín, ourensán nado en Zarracós, municipio de A Merca, é coñecido polos éxitos da súa carreira xudicial que iniciou no ano 1998. Na actualidade é Maxistrado do Xulgado de Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

O espírito de superación, o amor pola vida, a humildade e un compromiso inalterable coa Xustiza, definen a personalidade do autor, quedando patente nesta a súa primeira experiencia literaria.

Nas redes sociais

Como novidade, e ata a data da súa presentación, a editorial está a facilitar a través das redes sociais pistas e sinais sobre a publicación, deixando pegadas sobre o contido da mesma, de tal xeito que os internautas participen dun anticipo da relevancia dos feitos narrados. En concreto, poden facelo a través da páxina web www.elsantooculto.com  en Facebook accedendo a Teófilo Comunicación; ou ben na conta de twitter: @teofilocomunica; ou polo hashtag #ElSantoOculto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar