O CHOP mellorou os seus resultados malia os recortes

O Sergas cualifica de «excelente» a redución da espera media para operarse en Pontevedra, que baixa a 33,4 días. A dirección sostén que a redución de listas de espera e gastos «non» é a custa de diminuír a calidade» senón á mellora da eficiencia.

Segundo os datos presentados en rolda de prensa realizáronse 1.036 operacións máis que en 2011 e aforraron 1,6 millóns de euros en gasto farmacéutico.

Na presentación do balance asistencial do pasado ano, o director de Procesos con Ingreso, José Antonio Ortigueira, destacou que este modelo de xestión favoreceu unha «maior eficacia e eficiencia» dos recursos económicos. Así, cualificou de «excelentes, se se comparan cos demais» os datos en materia de listas de espera para cirurxía, primeiras consultas e probas diagnósticas.

«O aumento de produción, a diminución dos custos non se fan a custa de diminuír a calidade, en absoluto, máis ben todo o contrario», afirmou Ortigueira, «é un Hospital moi eficiente», insistiu.

O xefe de Procesos con Ingreso explicou que o efecto dos recortes económicos foi mesmo un «aliciente» para a posta en marcha dalgunhas iniciativas como a Consultoría de feridas e agora estánnolo a copiar en toda Galicia».

Respecto aos recortes, José Antonio Ortigueira recoñeceu que «todos o notamos no día a día».

» Temos que aproveitar máis as cousas, temos que ser máis coidadosos con todo o que temos nas nosas mans pero para os efectos dos resultados da asistencia sanitaria, me refiro á cantidade do que facemos e á calidade co que o facemos non houbo retroceso, todo o contrario, estamos a mellorar», declarou.

Ortigueira argumentou que «esta situación económica que nos fai mirar en que gastamos e como gastamos o diñeiro foi un aliciente para poder centrarnos en cousas ás que antes non dabamos importancia e agora miramos todos os casos con máis detalle», dixo en referencia á Consultoría de feridas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar