Novagalicia Banco aporta 5 mil millóns en créditos ás empresas galegas

Novagalicia Banco investiu 5.105 millóns de euros en novos créditos a empresas galegas durante 2012, consolidándose como o maior investidor crediticio no tecido empresarial galego e aumentando a súa distancia* co resto das entidades financeiras que operan na Comunidade.

As cifras enmárcanse no Plan de Crédito a Empresas Galegas posto en marcha por Novagalicia, que se dirixe, fundamentalmente, a pequenas e medianas empresas, comercios e autónomos. Concretamente, no último trimestre de 2012 o aumento do crédito a pemes e autónomos por parte de Novagalicia foi do 17%.

Ao longo do ano a entidade aprobou unha media diaria de 105 novas operacións de crédito para as pemes galegas. O 70% do crédito permitiu a financiación de circulante empresarial (liquidez ás empresas para que poidan afrontar pagos) e o 30% canalizouse a través de préstamos a medio ou longo prazo, para financiar investimentos e novos proxectos empresariais. Da cantidade total, Novagalicia aportou 3.734,3 millóns de euros en liñas de desconto e de financiamento especializado (confirming e factoring) e comercio exterior, renovando riscos
vixentes con empresas da Comunidade Autónoma.

Novagalicia concedeu 506,6 millóns de euros para apoiar a internacionalización e o comercio exterior das pemes galegas.
Por sectores, o 44,5% do crédito destinouse a pemes relacionadas coa industria; o 23% do financiamento dirixiuse ao pequeno comercio da Comunidade e o 13% a actividades relacionadas coa construción e rehabilitación das pemes galegas do sector.

As cifras de formalizacións e volume de financiamento aumentaron significativamente no segundo semestre de 2012, como consecuencia do empuxe que ha entidade deu a este plano estratéxico.
O director xeral de Novagalicia, Juan Díaz Arnau, resalta a boa marcha do plan de financiamento, nun contexto de crise e desapalancamento do sector financeiro español. “O fluxo de crédito cara ao tecido produtivo galego é clave para este banco. No 2012 concentramos esforzos en redistribuír todo o descenso de préstamos que realizamos en grandes compañías e empresas do sector promotor para dedicalo ás máis de 21.000 empresas e autónomos galegos cos que concertamos créditos, refinanciación ou liñas de desconto”, subliña Juan Díaz.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar