Admitido el concurso de acreedores del Dépor y paralizado el embargo

 

A maxistrada do xulgado do mercantil número 2 da Coruña, Zulema Gento, emitía onte o auto de admisión do concurso de acredores e nomeaba os administradores concursais que supervisarán a actividade do RC Deportivo SAD no proceso.

O auto leva data do pasado venres, o día despois de que o Deportivo entregase no xulgado 3.000 folios coa documentación requirida para solicitar o concurso voluntario, e foi notificado ás partes durante a mañá de onte.

dous meses
É o prazo esperado para o primeiro informe dos administradores

A xuíz acordou a intervención das facultades de administración e disposición do Deportivo, co que o actual consello de administración, con Lendoiro como presidente, continúa á fronte da entidade, aínda que supervisado polos administradores concursais.

A maxistrada tamén comunicou que a empresa AD Cryex será a encargada de exercer como administrador concursal da entidade deportivista.

Esa empresa foi creada en decembro de 2011, entre outros, por Francisco Prada Gayoso, un dos dous administradores concursais que se encargaron da suspensión de pagamentos do outro equipo galego da Liga BBVA, o Celta de Vigo, co que tamén tivo relación a maxistrada que xulga o proceso do Deportivo (en 2008 era titular do xulgado do mercantil número 1 de Pontevedra). Prada tamén participou no proceso concursal doutro equipo de fútbol, o Ourense, e nos de empresas como Fórum Filatélico e Afinsa. É licenciado en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais pola Universidade Complutense e licenciado en Dereito pola UNED e foi presidente da Axencia Industrial do Estado, presidente de Aceralia e director xerente da Fundación de Empresa Pública.

O administrador concursal, habitualmente nun período de dous meses dende o seu nomeamento, emitirá un informe sobre as cuestións que conduciron ao club á situación de insolvencia.

A Lei prevé dúas solucións ao concurso: o convenio (unha proposta de pagamento que se presenta cando a empresa continúa a súa actividade e que pode prever unha quita e unha espera); e a liquidación da sociedade no caso de que os acredores rexeiten a proposta de pagamento ou o Deportivo non sexa viable para continuar a súa actividade. Nas proximas semanas sairase de dúbidas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar