Un aula móbil amosará o servizo de Internet en 82 concellos galegos

A aula móvil de Telefónica iniciou o seu percorrido didáctico de Internet en San Caetano

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) de Galicia e Movistar presentaron hoxe en Santiago de Compostela o percorrido e as características da segunda fase do Roadshow Movistar Galicia, un aula móbil que visitará durante os vindeiros 4 meses 82 municipios galegos co obxectivo de trasladar as vantaxes de Internet á poboación do rural beneficiada polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.

Continúa así a segunda fase dunha iniciativa que na su primeira edición alcanzou un notable éxito -con máis de 2.400 visitas no seu percorrido por 34 poboacións- e que agora achega novidades como a posibilidade de que persoal técnico -coincidindo coa estancia do Roadshow no seu municipio- se desprace ás asociacións colexios ou colectivos interesados en informarse sobre as utilidades de Internet.


Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Tras a presentación, que contou coa asistencia do director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, e da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, o Roadshow Movistar Galicia se trasladará a Vila de Cruces, onde se inicia un periplo que concluirá o próximo 15 de abril en Vedra e que coincidirá con algúns dos principais eventos e feiras locais de Galicia.

A directora da Amtega sinalou que esta iniciativa ten o dobre obxectivo de achegar aos cidadáns as posibilidades que lles ofrece internet na súa vida cotiá e informalos de que, grazas ao Plan de Banda Larga, a súa localidade xa ten acceso á rede. Neste sentido destacou que o Plan xa dotou de cobertura a máis de 630.000 galegos sen acceso a Internet e cuxo obxectivo para 2013 é conseguir unha Galicia totalmente conectada.

AS VANTAXES NA VIDA COTIÁ

A unidade móbil do Roadshow Movistar Galicia conta con 4 postos con ordenador nos que de forma gratuíta se levarán a cabo diferentes demostracións para que os usuarios experimenten de forma práctica o sinxelo que resulta realizar unha compra online, solicitar unha cita médica, renovar o DNI ou consultar todo tipo de información -prensa, música, ofertas de emprego, partes meteorolóxicos, trámites coa Administración a través da sede electrónica da Xunta etc. -. A aprendizaxe estará supervisada en todo momento por persoal especializado de Telefónica.

Paralelamente, desenvolveranse accións formativas e informativas a pé de rúa, a través de equipos de traballo provistos dunha tablet e conectados á Rede mediante un USB, que explicarán aos veciños de cada localidade as vantaxes de Internet para a vida cotiá.

Tamén, e como antes se apuntaba, como novidade nesta segunda fase está a posibilidade de que asociacións, colexios ou calquera colectivo poida solicitar a visita – mediante cita previa- dun especialista de Telefónica, coincidindo coa estanza do Roadshow na súa localidade, para que os asesore no súa iniciación na Rede. Os contidos destas sesións prácticas estarán adaptados aos diferentes perfís de usuario.

O Roadshow Movistar Galicia é unha acción complementaria do Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, e que ao finalizar o ano terá dotado de acceso a Internet a máis de 11.300 novos núcleos de población do rural galego. Desta actuación se beneficiarán preto de 250.000 persoas, e Telefónica utiliza para o seu despregamento a moderna tecnoloxía 3G-UMTS na banda de 900 MHZ, con gran e de propagación en zonas orográficamente complexas e capaz de alcanzar velocidades de ata 7 megas.

XANEIRO
CONCELLO
14
VILA DE CRUCES
15
ANTAS DE ULLA
(en horario de mañá)
15
AGOLADA
(en horario de tarde)
16
VALGA
17
CUNTIS
18
RIBADUMIA
21
COTOBADE
22
MEAÑO
23
MORAÑA
24
FORCAREI
25
CERCEDO
(en horario de mañá)
25
CAMPO LAMEIRO
(en horario de tarde)
26
MEIS
29
A LAMA
30
PONTECALDELAS
31
COVELO
FEBREIRO
CONCELLO
1
OIA
4
SALVATERRA DO MIÑO
5
AS NEVES
6
ARBO
7
A CAÑIZA
8
PADRENDA
(en horario de mañá)
8
CRECENTE
(en horario de tarde)
11
RIBADAVIA
12
CARTELLE
13
BARBADÁS
14
A MERCA
(en horario de mañá)
14
TOÉN
(en horario de tarde)
15
CELANOVA
18
ALLARIZ
19
VIANA DO BOLO
20
MACEDA
21
PEREIRO DE AGUIAR
22
COLES
25
A PEROXA
25
NOGUEIRA DE RAMUÍN
26
SAN CRISTOVO DE CEA
(en horario de mañá)
26
VILAMARÍN
(en horario de tarde)
27
CARBALLEDO
(en horario de mañá)
27
PANTÓN
(en horario de tarde)
28
CHANTADA
MARZO
CONCELLO
1
PALAS DE REI
(en horario de mañá)
1
MONTERROSO
(en horario de tarde)
4
QUIROGA
5
O INCIO
(en horario de mañá)
5
POBRA DO BROLLÓN
(en horario de tarde)
6
GUITÍN
7
BARALLA
(en horario de mañá)
7
LÁNCARA
(en horario de tarde)
8
CASTROVERDE
11
COSPEITO
12
CASTRO DE REI
13
FONSAGRADA
14
A PASTORIZA
15
MONDOÑEDO
18
BARREIROS
(en horario de mañá)
18
LOURENZÁ
(en horario de tarde)
20
ARANGA
(en horario de mañá)
20
PADERNE
(en horario de tarde)
21
ORTIGUEIRA
22
VALDOVIÑO
23
PONTEDEUME
25
NEDA
26
MUGARDOS
27
MIÑO
(en horario de mañá)
27
MONFERO
(en horario de tarde)
ABRIL
CONCELLO
1
GUITIRIZ
2
FRIOL
3
CURTIS
(en horario de mañá)
3
SOBRADO
(en horario de tarde)
4
CESURAS
(en horario de mañá)
4
MESÍA
(en horario de tarde)
5
VAL DO DUBRA
6
AMES
8
FRADES
(en horario de mañá)
8
BOIMORTO
(en horario de tarde)
9
CERCEDA
10
PONTECESO
11
ZAS
12
CEE
13
CARNOTA
15
VEDRA

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar