Os galegos, segundos en facer máis horas extra de España

 

   Os traballadores galegos realizaron, no primeiro trimestre de 2012, un total de 1,8 millóns de horas extraordinarias, segundo datos do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Nesta estatística, á que tivo acceso Europa Press, Galicia sitúase como a segunda comunidade por número de horas extra realizadas, só superada por Cataluña.

Por detrás da Comunidade galega sitúase a madrileña, os traballadores da cal realizaron un total de 1,1 millóns de horas extraordinarias no terceiro trimestre de 2012. A continuación, os empregados andaluces realizaron un total de 798.400 horas extra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar