Cabodano de Manuel Fraga

 

Os membros do Partido Popular de Galicia recordarán a don Manuel Fraga nun funeral conmemorativo do primeiro aniversario do seu pasamento. Os populares reuniranse o vindeiro mércores, ás 20.00 horas, na Igrexa de San Agustín, en Santiago de Compostela, para honrar a memoria do Presidente Fundador do partido.

Ademais, por petición expresa do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, no XV Congreso que a formación celebrará os próximos 19 e 20 de xaneiro os populares honrarán a Fraga lembrando especialmente a súa figura, a sua traxectoria e o legado que lles deixou en herdanza.

Para os populares galegos, toda mención á memoria de don Manuel é pouca en comparación co moito que aportou en vida tanto á vida política como á modernización de Galicia.

FUNDADOR DO PP

O PP non sería o partido máis apoiado de Galicia e España e coa que mellor se identifican os cidadáns sen a valiosa aportación de quen o fundou e sacou adiante para convertelo no máis grande en canto a votos e afiliados.

Os populares galegos lembran que o Congreso celebrarase pouco despois da súa morte e pouco despois do aniversario daquel congreso no que Fraga cedeu o testigo da presidencia do partido a Feijóo.

Son datas simbólicas que conflúen no tempo e, por tanto, o PPdeG, que en todo caso mira xa cara o futuro, tamén é capaz de dignificar o seu pasado e de escribir unha das páxinas máis importantes da historia deste partido.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar