A rede inernacional de tráfico de cocaina desmantelada operaba a través de aeroportos lusos

Esta maleta foi localizada durante a operación das policías española e portuguesa

 

A rede internacional de tráfico de cocaína desmantelada entre a Garda Civil, a Axencia Tributaria e a Polícia Judiciária de Portugal operaba a través de aeroportos lusos, facendo uso das liñas regulares de pasaxeiros de vía aérea.

Diso informou o Instituto Armado a través dun comunicado, no que detallou que a droga introducida procedía de Suramérica, concretamente, de Brasil e Venezuela.

A denominada ‘Operación Merluza’, pola que os corpos de seguridade se incautaron este xoves dun total de 17,5 quilos de cocaína «cun elevado grao de pureza» e detiveron nove persoas –de cinco nacionalidades distintas e ningunha española– , comezou o pasado mes de agosto.

Segundo a Garda Civil, as investigacións comezaron cando se detectou que «dous persoas» de Portugal «con numerosos antecedentes e detencións por tráfico de drogas, intentando evitar o seguimento e vixilancia da policía portuguesa, establecíanse en Vigo para continuar coa súa actividade delituosa».

ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL

Dos traballos realizados polas forzas da orde, puídose concluír que estas dúas persoas formaban parte «dunha organización internacional perfectamente estructurada», con «contactos» en Brasil e Venezuela e con «representantes» dominicanos residentes en Madrid.

Estes últimos levaban a cabo «funcións de intermediación» entre «os donos da mercadoría» e «a infraestrutura establecida» en España e Portugal, que sería o encargado da introdución e venda no mercado do norte do país luso e Galicia.

A maiores, descubriuse que esta organización «tiña previsto o envío de, polo menos, tres maletas» con droga dende «diferentes aeroportos» de Brasil e Venezuela con destino a Oporto ou Lisboa.

DETENCIÓNS

O primeiro dos envíos tivo lugar o pasado xoves ao aeródromo de Sá Carneiro, procedente de Venezuela, onde foi detida a persoa que pretendía facerse cargo desta.

En paralelo, na provincia de Pontevedra detívose outras oito persoas que esperaban a chegada da mercadoría, «suficiente para elaborar preto de 90.000 doses individuais» sen engadir «calquera outro produto».

Entre os detidos hai dous portugueses –M.F.M., de 55 anos de idade e residente en Tui e M.L.C.R., de 64 anos e residente en Vigo — , tres dominicanos –M.A.P.T., de 37 anos, F.H.B.J., de 30 anos, e M.E.J., de 20 anos, todos residentes en Madrid — , un brasileiro –C.B.S., de 35 anos e residente en Vigo — , un marroquí –B.B.K., de 23 anos e residente en Madrid– e un ecuatoriano –J.G.C.C., de 32 anos e residente en Madrid — .

De todos, tan só os portugueses teñen antecedentes penais. Despois de pasar a disposición xudicial, catro deles entraron en prisión de forma preventiva. Mentres tanto, a investigación segue aberta.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar