Feijóo presenta a Romay como «un dos homes que sustentan o noso sistema de convivencia»

O presidente, Alberto Núñez Feijóo, afirmou na presentación do xantar-coloquio que ofreceu o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría,que pertenceu e pertence a esa maioría de políticos que foron e son o sustento humano do noso sistema de convivencia. “Participou en dúas milagres que non precisan do santoral para ser explicados, senón que teñen unha autoría máis prosaica, e por iso mesmo, máis heroica. Tanto na transición democrática española como na transición autonómica galega, o seu corazón e a súa cabeza están presentes. A súa xeración ten éxito nas misións políticas que afronta porque sae da xente e se inspira nela para ”.

Feijóo recordou, deste xeito, que “políticos e xente, xente e políticos erguen xuntos un sistema democrático que supera o eterno pesimismo histórico, e un sistema autonómico adaptado á nosa maneira de ser». “Protagonizan unha epopea que hoxe debe servirnos de lección”, dixo.

“Foron os bos políticos como Romay e foi a boa política que practicou como secretario xeral de Sanidade, como vicepresidente da Xunta, como presidente da Deputación da Coruña, como conselleiro de Agricultura e de Sanidade, como deputado no Parlamento e posteriormente no Congrego, ou como ministro de Sanidade; foi esa boa política practicada polos bos políticos a que fixo posible en España e en Galicia unha convivencia plural e un benestar europeo”, insistiu.

O titular da Xunta concluíu a súa intervención subliñando que a traxectoria de alguén como José Manuel Romay Beccaría, “co que Galicia e España seguen contando agora como presidente do Consello de Estado”, lémbranos que esa política non é unha utopía, “e que eses políticos existen, están entre nós e merecen o noso respecto”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar