A Policía estreita o cerco sobre outro independentista violento

O membro de Resistencia Galega Carlos Calvo Varela, detido o 15 de setembro de 2012 en Vigo cando transportaba dous artefactos explosivos similares aos intervidos a Adrián Mosquera Pazos en Ames o luns pasado, foi avistado polos investigadores na zona de bosque na que se interceptou a este último.

Así explicouno o Ministerio de Interior, que sinalou que Adrián Mosquera Pazos se atopa nas dependencias da Policía Nacional en Canillas, Madrid, a onde foi trasladado dende Santiago, á espera de ser posto a disposición da Audiencia Nacional nas próximas horas.

Axentes do Corpo Nacional de Policía adscritos á Comisaría Xeral de Información detiveron o pasado luns 7 de xaneiro, ás 22.30 horas ao presunto membro da organización terrorista Resistencia Galega Adrián Mosquera Pazos.

No momento da detención, Mosquera Pazos levaba consigo tres artefactos explosivos similares aos intervidos en anteriores operacións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar