Rescatada unha muller afectada por un incendio en Cangas

Unha muller foi evacuada a un centro sanitario ao resultar afectada por inhalación de fume debido a un incendio rexistrado na noite do luns nunha vivenda en Cangas .

Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, ás 21.00 horas un particular alertó de que saía fume da fiestra dunha vivenda situada no número 3 da Rúa San José en Cangas.

Foron mobilizados os Bombeiros do Morrazo, Policía Local e Protección Civil. Segundo indicaron, ardeu unha tarteira e a persoa afectada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume presentaba dificultades para respirar.

Por iso, ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que trasladou a un centro de Atención Primaria á muller, E.A.L., de 56 anos, segundo indicaron fontes sanitarias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar