Cortes de tráfico en Santiago pola instalación do radar no túnel do Hórreo

 

Esta semana comezará a instalación no túnel do Hórreo, das caixas do radar, segundo informou o concelleiro de Tráfico de Compostela, Albino Vázquez.

Durante a colocación das caixas e cando se realicen as conexións eléctricas e de fibra óptica «será necesario cortar a circulación no túnel para garantir a seguridade dos operarios». O corte non afectará ao mesmo tempo aos dous tubos do túnel, senón que se realizarán as conexións primeiro nun sentido e logo no outro, polo que os cortes serán alternos e non afectarán en ningún momento aos dous tubos ao mesmo tempo.

O radar, segundo explicou Vázquez, estará fixo no túnel do Hórreo durante o 80% do tempo de funcionamento; mentres que o outro 20% se trasladará a outro punto da cidade aínda por determinar. O condutor non saberá cando está a funcionar e cando non o radar dentro do túnel, xa que o fin é conseguir evitar excesos de velocidade no túnel. O que pretende o concello, segundo explica o concelleiro de Tráfico «non» é poñer multas, senón garantir a seguridade».

Albino Vázquez recordou que a empresa dispón de 15 días, dende a adxudicación, para completar a instalación, polo que antes do día 15 debería estar operativo o dispositivo e insiste: «Cortaremos o tráfico no túnel durante a instalación do radar por seguridade».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar