Comeza a veda da necora ata finais de xuño

A Consellería do Medio Rural e do Mar non autoriza a captura da nécora dende esta fin de semana, atendendo a criterios de explotación comercial e ao estado biolóxico do recurso. Este período de veda estenderase ata o próximo día 30 de xuño.

Diso informou o departamento que dirixe Rosa Quintana nun comunicado no que explica que con esta medida persegue favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie en Galicia.

Deste modo, o consumidor debe saber que, grazas a esta medida, non poderá atopar no mercado nécora fresca galega que fose extraida tras o inicio da veda. Poderá atopala amorodo se é foránea ou galega conxelada.

Segundo recordou a consellería, na última campaña que se acaba de pechar, capturáronse uns 114.000 quilos nas augas galegas, o que supuxo un valor económico de máis de 1.500.000 euros.

Por último, o departamento autonómico recordou que dende o pasado día 1 de xaneiro ata o 30 de setembro tamén se atopa en veda o santiaguiño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar