Homenaxe a Valle Inclán no 77 aniversario do seu pasamento

A Fundación Valle Inclán, presidida por Gerardo Fernández Albor, rendeu homenaxe este sábado ao escritor de Vilanova de Arousa, con motivo do 77º aniversario da súa morte.

Deste modo, tanto Albor como o secretario xeral de Cultura, Ángel Lorenzo, e o vicepresidente da Fundación, José Juan Durán, achegáronse este sábado ata o cemiterio de Boisaca a realizar a tradicional ofrenda floral ante a tumba do escritor Ramón María del Valle Inclán, falecido na capital de Galicia en 1936.

Xunto a eles, tamén acudiron o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e diversos concelleiros, xunto a representantes dos concellos de Vilanova e Cambados para homenaxear o pai do esperpento.

Segundo informa a Fundación Velle Inclán nun comunicado, a entidade traballa para a preparación dun programa de actividades con horizonte en 2016, con motivo da conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Valle Inclán.

Na actualidade, esta fundación conta cunha escola de teatro centrada nas obras do escritor galego e é responsable da revista Bradomín, de periodicidade semestral.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar