«Aquela xente de Catoira», editada por Teófilo Comunicación, xa nas librarías

Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial, Teófilo Edicións, ven de editar a publicación que leva por título “Aquela xente de Catoira”, un fondo traballo que abrangue un século e recompila historias das catro parroquias do municipio, das vidas dunha xente normal que cativaron ao seu veciño e autor do libro, Pepe Castaño Dios.

O libro conta o que aconteceu e tamén múltiples historias dun século (1880-1980), constituíndo o complemento dunha publicación que xa viu a luz con anterioridade: “Oeste, cen anos de historias 1850-1950: memorias e prodixios dunha época”. Cunha fluída linguaxe, o autor fai un retrato polo miúdo de xente real, dunha sociedade e modos de vida, de situacións acontecidas, da cruda realidade de homes e mulleres do seu pobo, Catoira.

AS XENTES E AS SUAS VIVENCIAS

A publicación, nos achega vivencias de tempos pasados, recordos de aquí e de acolá, daqueles que tiveron que marchar fóra na procura dunha vida mellor. Fala do bo e do malo, da verdade; mesmo inclúe un apartado da guerra civil española, no que se analiza o seu desenvolvemento e a participación dos catoirenses nas distintas frontes e nas máis sonadas batallas.

“Aquela xente de Catoira” é unha homenaxe de Pepe Castaño Dios aos maiores que lle transmitiron esas historias en animadas conversas, a quenes foron testemuñas de feitos que reflicten unha realidade ás veces tenra, ás veces dura.

O AUTOR

Pepe Castaño Dios, nado no 1952, conta coas titulacións de Xermánicas, Filoloxía Inglesa e Educación Física, e dedícase profesionalmente ao ensino.

É adestrador de diferentes modalidades deportivas, asiduo colaborador en tarefas radiofónicas e en prensa escrita, organizador de exitosas actividades benéficas e socioculturais e fundador de publicacións e asociacións de distintas índoles.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar